publicidade hoxe

Bergondo homenaxea a Xohán Vicente Viqueira no 90 aniversario do seu pasamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLocal Portada
A-
A+

O Concello de Bergondo, en colaboración coa Real Academia Galega, homenaxea a Xohán Vicente Viqueira no 90 aniversario do seu pasamento. O acto celebrarase este mércores, 22 de outubro ás 12.30 h. no Cemiterio de Ouces, onde intervirán a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez e o Presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.

Tras os oportunos discursos descubrirase un monolito e escultura na honra de Xohán Vicente Viqueira, obra do artista Francisco Escudero, ao que seguirá a interpretación dunha peza musical a cargo da Asociación Folclórico Cultural San Xoán de Ouces.

Por último, esta prevista a lectura dun texto do homenaxeado por parte dos alumnos de primaria do CPI Cruz do Sar, rematando o acto coa interpretación do himno galego.

21 de outubro de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.