publicidade hoxe

As Centolas de Ouro do Grove xa teñen galardoados para este 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Grove
A-
A+

No marco da LI edición da Festa do Marisco do Grove entréganse cada ano os galardóns “Centolas de Ouro”, en recoñecemento a persoas, empresas ou institucións que dalgún xeito promoven o coñecemento do Grove e de Galicia en distintos ámbitos.

Este ano os galardóns recaen en:

-ANTONIO PADÍN OTERO, propietario do Hotel Maruxía e antigo presidente do Centro de Iniciativas Turísticas.

-DOMENEC BIOSCA, asesor turístico afincado en Barcelona e que impartiu varios cursos na nosa zona.

-CLUB NÁUTICO SAN VICENTE DO MAR, club deportivo grovense que leva anos organizando actividades de promoción do Grove.

-RESTAURANTE PORTONOVO, xerente Dna. María Jesús Limeres. Restaurante – marisquería afincado en Madrid e que traballa con marisco galego dende 1968.

1 de outubro de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.