publicidade hoxe

Arden máis de 20 hectáreas en Carballeda de Valdeorras incluídas na Rede Natura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballeda de ValdeorrasSucesos
A-
A+
Europa Press

Un incendio forestal rexistrado este venres queimou máis de 20 hectáreas de superficie nunha zona de Rede Natura na parroquia de Casaio, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Segundo informou a Consellería de Medio Rural e do Mar, o lume, procedente de León, comezou ás 7,55 horas deste venres e quedou controlado ás 13,41 horas.

As estimacións provisionais sinalan que a superficie afectada supera as 20 hectáreas en zona de Rede Natura, segundo apuntou o departamento de Medio Rural.

Nos traballos de extinción deste incendio participaron dous técnicos, tres axentes forestais, seis brigadas, unha motobomba, unha pa e dous helicópteros.

31 de outubro de 2014 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.