publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Aparece o corpo dunha muller afogada nun charco de extracción de area de Vilar de Santos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurensePortada dereitaSucesosVilar de Santos
A-
A+

Os bombeiros de Xinzo de Limia recuperaron o corpo dunha muller afogada nun charco de extracción de area que pertence a unhas empresas areneras situadas á altura de Ponte de Paradela, da localidade ourensana de Vilar de Santos.

   Un familiar chamou ao 112 ás 20,13 horas deste mércores para pedir axuda a indicou que a muller se atopaba desaparecida dende as 17,00 horas.

   O centro de atención ás emerxencias 112, tras o aviso, puxo en marcha un dispositivo no que participaron Urxencias Médicas, Garda Civil e Protección Civil, ademais dos bombeiros, que foron os que rescataron a muller unha vez localizada polos familiares.

2 de outubro de 2014 | 10:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.