publicidade hoxe

Allariz mantén o seu atractivo turístico a pesar da situación económica xeral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

Remata en Allariz a tempada de verán rexistrando, no que vai de ano, máis de 30,000 visitantes que se achegaron ata a Oficina de Información Turística municipal. A cifra é lixeiramente superior a de anos anteriores.

A Oficina de Información Turística de Allariz mantívose aberta todos os días, durante os meses de xuño a setembro, reforzando, así, a atención aos visitantes.Agosto foi o mes que rexistrou maior número de visitantes, un dos máis altos nos últimos anos.

Os tres fortes que actúan como foco de atracción para os visitantes son o Casco Histórico, cos museos e os elementos patrimoniais civís e relixiosos; tendas Outlet, comercio e hostelería; e o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que actúa como eixo central do Turismo de Natureza, xunto coas rutas de sendeirismo que atravesan a Reserva da Biosfera de Allariz ou os paseos pola beira do río Arnoia.

Continúa a tendencia do turismo de paso a baixo custe. “O turista programa as súas vacacións a última hora o que lle leva a unha improvisación contínua e esto reflícteseen tempos de estadía máis curtos” así o explicaba Xosé Manuel, técnico da OIT de Allariz.

Os datos estatísticos derivan un importante equilibio entre os visitantes galegos e do resto do Estado, sobre todo País Vasco, Madrid e Castela-León. Aínda que cabe destacar o incremento de visitantes procedentes do Levante e Andalucía, e o continuo crecemento de turistas franceses.

O boca a boca é o medio de comunicación que fai que se achegue a Allariz a maior parte dos turistas ao ter estes unha boa experiencia. Demostrándose, así, a alta calidade do servizo prestado en Allariz.

As cifras e tendencias actuais seguen mostrando que Allariz continúa sendo un referente turístico consolidando, ano tras ano, o seu atractivo dentro e fóra de Galicia.

28 de outubro de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.