publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta transfire a prol do Concello de Bande o treito urbano da estrada OU-540

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeLocal PortadaOurense
A-
A+

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o Decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Bande dun treito da estrada autonómica Ourense-fronteira portuguesa (OU-540) ao seu paso polos núcleos de Bande e Vilameá.

Trátase do tramo coñecido como as travesías de Bande e Vilameá, que discorre entre o punto quilométrico 39+560 e o 41+240, polo que suma unha lonxitude de máis de 1,5 quilómetros.

O treito presenta características de vía urbana cun tráfico eminentemente local. A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas. Neste caso, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais.

Correspóndenlle ao Concello de Bande, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

A continuación, preséntase un plano no que se amosan os treitos que se van transferir ao Concello de Bande.

 

30 de outubro de 2014 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.