publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil sorprende a tres xóvenes tentando roubar no Club de Piragüismo da Illa de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Illa de ArousaPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a D.D.B.,  de 20 anos de idade, a JL.O.A., de 22 e a un menor de idade, todos eles veciños da Illa de Arousa, como supostos autores dun delito de roubo con forza en grao de tentativa e outro de danos.

Os feitos ocorreron na madrugada de onte, día 27, cando unha patrulla de Seguridade Cidadá do Posto da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa sorprende no interior do Club de Piragüismo da Illa de Arousa a tres xóvenes que, con anterioridade forzaran a porta para poder acceder ao seu interior.

Os tres detidos, un deles resultou ser menor de idade, foron conducidos ás dependencias oficiais da Garda Civil onde se instruíron as correspondentes dilixencias nas que se lles imputa tamén un delito de danos ao ocasionar a rotura dun valo publicitario.

Os dous mozos, que carecen de antecedentes policiais, en unión das dilixencias instruídas, serán entregados no Xulgado de Instrución número DOUS de Vilagarcía de Arousa, mentres que as do menor remitiranse á Fiscalía de Menores.

27 de outubro de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.