publicidade hoxe

A Deputación concede a Cáritas Arousa 16.000 euros para adquirir unha furgoneta

A Deputación de Pontevedra acordou aprobar unha axuda de 16.000 € para que Cáritas Arousa desenvolva, en condicións adecuadas, o seu programa social “Estamos contigo”.

Este proxecto desenvólvese desde hai anos e consiste no reparto de comida a domicilio a persoas maiores ou dependentes co fin de garantirlles unha dieta nutricional axeitada e favorecer a permanencia no seu domicilio.

O programa de Cáritas dá cobertura a cinco concellos da comarca de Arousa: Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Cambados e Catoira. A furgoneta que utilizan na actualidade é de segunda man, precisa arranxos e revisións constantes e non cumpre as esixencias sanitarias precisas.

A Deputación segue así a apoiar –non só con axudas directas senón coa adquisición de medios coma furgonetas– institucións, entidades e organismos que traballan cos colectivos máis desfavorecidos ou que teñen un compoñente social sen ánimo de lucro.

27 de outubro de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.