publicidade hoxe

A carreira popular contra o cancro “Corre por Ferrol” sairá da Praza de Armas o 9 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá a “II Carreira Popular Contra o Cancro Corre por Ferrol” que se celebrará o vindeiro domingo, día 9 de novembro. O evento está organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) e o Concello de Ferrol, e conta co patrocinio de diferentes empresas privadas. A edil ferrolá estivo acompañada pola presidenta da AECC, Isabel Caamaño.

A segunda edición da Carreira Popular Contra o Cancro “Corre por Ferrol” sairá da Praza de Armas e os participantes discorrerán 5 quilómetros de zonas emblemáticas da cidade. Este percorrido será para a categoría absoluta e comezará ás 12:00 horas, mentres que as categorías menores realizarán outras distancias a partir das 11:00 horas. Martínez Galdós animou a participar nesta proba que ten un importante carácter solidario, xa que todos os fondos recadados serán integramente destinados á AECC. “O percorrido pode realizarse correndo ou andando, non importan as marcas senón a colaboración coa causa”.

As inscricións poderán formalizarse, ata o xoves 6 de novembro, na páxina web oficial da Federación Galega de Atletismo: www.carreirasgalegas.com ou na Asociación Española Contra o Cáncer, situada na rúa Real nº6. O prezo de inscrición é de 7 euros para a categoría absoluta e 1 euros para as menores. Tamén estarán dispoñibles dorsais 0. Pola súa banda, a presidenta da AECC agradeceu a colaboración do Concello de Ferrol “así como a solidariedade que mostra sempre a cidadanía de Ferrol”.

21 de outubro de 2014 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.