publicidade hoxe

A campaña de Nadal e unha nova edición do concurso de tapas copan a reunión da Asociación de Empresarios de Muimenta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, sigue coas súas actividades concretadas na reunión que se mantivo o pasado 29 de outubro.

Proponse unha nova edición do Concurso de Tapas de Muimenta, que alcanzaría a décima, e que tería lugar os vindeiros 5, 6, 7 e 8 de decembro

A VI edición da campaña de Nadal, propoñéndose que se celebre a partir do luns 1 de decembro ata o luns 5 de xaneiro do 2.015. A idea é manter os 1.000,00 € en premios, repartidos en dez vales de cen euros, a todos os que a súa papeleta coincidan cos tres últimos números do Sorteo de Reis que se celebrará o 6 de xaneiro.

Estos dous puntos, ademáis do cambio de Xunta Directiva e todos os que propoñan os asistentes, trataranse nunha reunión que se celebrará cos soci@s do colectivo o vindeiro mércores 12 de novembro, a partir das 20:00 horas no local que a Asociación de Empresarios dispón no Centro Socio Cultural “Manuel Gesto” de Muimenta.

30 de outubro de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.