publicidade hoxe

A asociación de empresarios de Sarria inicia unha nova campaña do “Sorteo de Outono”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSarria
A-
A+

Do mesmo xeito que o ano pasado, a campaña “Sorteo de Outono” sorteará 4 vales de compra de 50 €. A campaña estará en vigor desde mañá mércores día 15 até o 5 de novembro. Durante estas datas os establecementos asociados a ACES-CCU Sarria repartirán boletos entre os seus clientes por cada compra que realicen.
 
O sorteo do catro vales realizarase o venres día 7 de novembro ás 16:00 horas e poderá asistir todo aquel que o desexe. Os premiados disporán até finais de mes para trocar os seus vales en calquera dos establecementos asociados a ACES-CCU Sarria.

14 de outubro de 2014 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.