publicidade hoxe

A asociación Avinza desenvolverá dúas novas mesas de traballo en novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

A Asociación Avinza informa de que ao longo do mes de novembro vanse desenvolver dúas mesas de traballo.  Dúas mañás dedicadas á análise, debate e posiblemente decubrimento dos recursos do noso territorio, 535 km2 cargados de patrimonio, de historia, de cultura, de paisaxe pero tamén de proxectos de moi interese cultural, gastronómico, artesanal, … que deberamos coñecer co fin de promocionar, de transmitir a riqueza que nos acolle e tamén dar unha oferta completa aos visitantes.

O luns 3 e 10 de novembro, co apoio de expertos en comunicación  e a través de grupos de traballo (mediante dinámicas participativas) intentaremos sacar o mellor de vós e do entorno. 

HORARIO: 9:30-14:00 horas

DATAS:

Luns 3 de novembro, na Arca de Noe. Vilar de Santos

Luns 10 de novembro. Taberna Acevedo. Xunqueira de Ambía.

Destinatarios:  queren contar coa presenza do sectores económicos como a hostelería, TIc´s, comunicación, comercio, artesáns, labregos/as, fotografía, medio, deporte,… 

29 de outubro de 2014 | 20:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.