publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xesús Vázquez consideraba previsible a protesta convocada para o día da visita dos Reis a Pereiro de Aguiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaO Pereiro de Aguiar
A-
A+
Europa Press

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, explicou que era “máis que previsible” que a Plataforma en defensa da educación pública convocase unha protesta o 16 de setembro na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar, coincidindo coa inauguración do curso escolar dos Reis no centro educativo Ben-Cho-Shey.

Así, na presentación dun vídeo musical na Cidade da Cultura, Vázquez expresou o seu “total respecto” á decisión da plataforma que se utiliza, ao seu xuízo, como “un instrumento político”, é dicir, para “atacar” a un goberno.

O conselleiro remarcou que o 16 de setembro é un “día grande” porque é o inicio do curso a nivel nacional e celébrase nun pobo de Ourense, o que é “un orgullo”.

Por tanto, explicou que respecta a protesta, pero insistiu en que é un “día de alegría” para os que pensan que “dentro da palabra, está a cultura”. Así mesmo, subliñou que será a segunda visita dos monarcas a Galicia desde o seu recente acceso ao trono.

Preguntado pola decisión de que a inauguración sexa no colexio Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, Vázquez incidiu en que a Consellería quería que fose en Ourense e nun centro do rural “non moi grande”. En concreto, o obxectivo da inauguración é “mostrar o traballo dos docentes” e agradecer o seu labor.

8 de setembro de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.