publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Visto bo á adxudicación dos viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín por 2,5 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroLalínLocal PortadaMeisPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra deu hoxe o visto bo para a adxudicación da construción de dous viveiros de empresas nos polígonos industriais de Barro-Meis e Lalín, por un importe de 2,5 millóns de euros financiados entre a fundación Incyde e a propia Deputación.

Louzán subliñou que os traballos adxudicaranse definitivamente nos vindeiros días, de forma que as obras de construción poidan iniciarse xa en outubro e ter o espazo dispoñible para os emprendedores na próxima primavera. Ó concurso presentáronse 30 empresas.

O viveiro de empresas de Barro-Meis situarase nunha parcela de máis de 5.000 m2 e centrará o seu peso nas “naves-niño”, para un tipo de proxecto empresarial orientado á produción, á industria, a talleres e, cun menor espazo, a oficinas. O concurso de ideas para o proxecto construtivo foi gañado polos arquitectos vigueses Juan B. Pons e Lucas Gándara.

O de Lalín disporá dunha maior variedade de oficinas (para adaptarse a diferentes proxectos empresariais que requiren máis de medios tecnolóxicos que de espazo) aínda que tamén contará con naves-niño. O edificio ocupará unha parcela de 2.000 m2 e terá unha superficie construída de 1.600 m2 en dúas alturas.

Nos dous casos, e para dar maior flexibilidade e capacidade de adaptación ás necesidades dos emprendedores, os dous edificios terán un carácter modular, para que poidan adecuarse facilmente ós proxectos que neles se instalen e para poder ser ampliados en caso de necesidade.

26 de setembro de 2014 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.