publicidade hoxe

Vilaboa acolle o concerto de fados en galego “Os Sons dos Vento que Pasa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilaboa
A-
A+

Esta fin de semana, a Concellería de Cultura e Mocidade do Concello de Vilaboa organiza unha actividade do programa de dinamización lingüística, falaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que se titula Os Sons dos Vento que Pasa.

Este é un espectáculo de cantigas cantadas en galego acompañadas de guitarra eléctrica e de pedal de loops, así como de xogos de iluminación. Son cantigas tradicionais, pero con toques contemporáneos para chegar a todos os públicos, incluída a mocidade. O espectador vai desfrutar dun universo rítmico e melódico que viaxa por variedade de xéneros musicais e temáticas, sen deixar de estar escoitando un tradicional fado. Desde o pop, o rock, a canción de amor, a música tradicional…, todos van poder coñecer o fado.

Todos os veciños e veciñas que se acheguen o vindeiro sábado 20 ata a Casa de Cultura de Riomaior, poderán gozar dun coidado concerto no que Gonzalo Guerreiro porá a voz e que Dani Pais adornará coa súa colaboración dixital e musical.

“Este é un concerto de fados cantados en galego que está dirixido a todo o público de todas as idades e que busca demostrar que calquera tipo de música pode ser cantada na nosa propia lingua. Así como dar a coñecer parte da cultura do país veciño”, afirmou Tomás Boullosa, concelleiro de Cultura.

16 de setembro de 2014 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.