publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Val do Dubra inicia as tarefas de ampliación e mellora da rede de abastecemento cun investimento de 240.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

O Concello de Val do Dubra xa iniciou as obras de ampliación e mellora da súa rede xeral de abastecemento. Os traballos desenvólvense estes días nos laterais da infraestrutura viaria que une a capital do Concello de Val do Dubra, Bembibre, e a parroquia de Rial. Esta vía (DP-1914) é a que conecta Santiago de Compostela con Carballo. Durante as últimas semanas, e mentres duren as obras, está instalado un semáforo que regula o tráfico nesta estrada. Os traballos permitirán instalar unha conexión da rede de abastecemento entre Bembibre e Rial.

O Concello de Val do Dubra investirá durante este exercicio un total de 241.983 euros no seu plan de Ampliación e mellora da rede xeral de abastecemento. Así o reflicten os orzamentos municipais para este ano, que prevén uns investimentos totais de 650.000 euros. O Goberno local pretende a curto prazo que a rede de abastecemento chegue a todas as parroquias. “É un obxectivo que queremos acadar non menor prazo de tempo posible”, asegura o rexedor de Val do Dubra, Ramón Varela. As obras de ampliación da rede de abastecemento municipal, que corren a cargo da empresa Oviga, desenvolveranse até final de ano. O investimento previsto para 2014, de case 242.000 euros, procede de recursos propios e da Deputación da Coruña, a través dunha partida nominativa para o Concello de Val do Dubra.

10 de setembro de 2014 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.