publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Uns sesenta veciños participaron no Día da Bicicleta en Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Uns sesenta veciños e veciñas participaron nunha nova edición do Día da Bicicleta do Concello de Frades, que tivo lugar este sábado. Os participantes puideron desfrutar de dous percorridos: un de 13 quilómetros para os maiores de 11 anos e outro de 3,5 quilómetros para os máis pequenos.

Os dous grupos partiron ás 11:00 horas da Praza de Pontecarreira e estiveron acompañados durante o seu percorrido por membros da Garda Civil e un vehículo posto a disposición polo Concello de Frades. Os máis pequenos fixeron un percorrido de 3,5 quilómetros por Ledoira e Gafoi, con subida ao Mesón e volta á praza de Pontecarreira. Os maiores utilizaron pistas de concentración e pasaron por Gafoi, Papucín, Vitre e Céltigos, onde fixeron unha pequena parada na fonte de Augasantas antes de volver a Pontecarreira, onde recuperaron forzas con bebidas e froita e participaron no sorteo de material deportivo.

3 de setembro de 2014 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.