publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller foi rescatada tras sairse da vía e chocar contra unha árbore en Outeiro de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOuteiro de ReiPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller foi rescatada na noite do martes tras quedar atrapada por unha perna despois de sairse da vía e chocar contra unha árbore o coche no que circulaba no municipio de Outeiro de Rei (Lugo).

Segundo informou o 112, os Bombeiros de Vilalba encargáronse de excarcerar a muller que quedou atrapada tras sufrir o accidente despois de que un animal se lle cruzase na vía pola que circulaba sobre as 20,55 horas do martes no lugar de Santa Isabel, á altura da área recreativa en Outeiro de Rei.

Foi un particular o que alertou ao servizo de emerxencias do sinistro e o 112 pasou aviso a Urxencias Sanitarias, á Guardia Civil de Tráfico e aos efectivos do parque comarcal.

En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia medicalizada, outra asistencial e un médico para atender a muller ferida e un varón, segundo sinalaron fontes sanitarias.

A muller ferida, V.S.S., de 35 anos, foi evacuada en ambulancia medicalizada ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), e o mozo asistido, P.M.F., de 31 anos, foi levado ao mesmo centro hospitalario.

10 de setembro de 2014 | 10:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.