publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un veciño de Segovia foi detido e a súa sogra e exmuller imputadas por unha plantación de marihuana en Trasmiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada esquerdaSucesosTrasmiras
A-
A+
Europa Press
Plantación en Trasmiras

Plantación en Trasmiras

A Garda Civil detivo un veciño de Segovia tras ser sorprendido nun terreo cunha plantación con 300 plantas de marihuana na poboación de Trasmiras (Ourense) e imputou a súa sogra e exmuller.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 21,20 horas do día 1 de setembro foi detido E.J.B., veciño de Segovia, como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

Ademais, tras ser sorprendido nun terreo no que ten un invernadoiro con 300 plantas de marihuana imputouse a C.B.A., e M.G.B., sogra e exmuller do detido, respectivamente.

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Verín (Ourense).

2 de setembro de 2014 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.