publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un total de 32 asociacións xuvenís da área de Santiago desenvolven proxectos de ‘Iniciativa Xove’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixónBriónDodroLocal PortadaO PinoPadrónSanta CombaSantiago de CompostelaVedraXuventude
A-
A+

Un total de 22 asociacións xuvenís ou grupos informais de mozos e mozas están a executar na cidade de Santiago proxectos financiados no marco do programa de participación xuvenil ‘Iniciativa Xove’.

Ademais, outras 10 asociacións da comarca compostelá -de Brión, Dodro, Padrón, O Pino, Vedra, Boqueixón e Santa Comba-, tamén están a levar a cabo proxectos vinculados a este programa da Consellería de Traballo e Benestar, o que suma un investimento conxunto de preto de 125.000 euros para 32 entidades.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación no proxecto “I Feira da Mocidade Activa”, que desenvolven os mozos e mozas da asociación universitaria Júnior Empresa de Santiago (JEMSA).

Esta iniciativa ten como obxectivo reunir a empresas de nova creación (dun máximo de dous anos), xunto con asociacións de carácter xuvenil ou estudantil, para crear un punto de encontro entre empresas, estudantes e universidades. O proxecto tamén busca o fomento do emprendemento e promover a educación non formal como complemento da tradicional, no desenvolvemento de capacidades multidisciplinares.

Iniciativa Xove forma parte dos programas de renovación das políticas de xuventude da Xunta de Galicia, que na actualidade xiran en torno a xestionar actuacións baseadas na adquisición de novas competencias a través da educación non formal.

Ovidio Rodeiro asegurou que “Iniciativa Xove permite aos mozos e mozas demostrar a capacidade de organizar os seus propios proxectos, ao tempo que estimula o protagonismo, a creatividade e o liderado xuvenil”.

O director xeral tamén destacou que “isto comporta o desenvolvemento de valores como as aptitudes comunicativas, organizativas e de planificación, o traballo en equipo, o sentido da iniciativa ou a autoconfianza, a autonomía e a iniciativa persoal”.

Este programa conta con actividades vinculadas co emprendemento e a empregabilidade, que están agrupadas baixo o epígrafe de ‘Iniciativa Xove emprendedora’. Tamén destacan iniciativas dirixidas a favorecer a integración de colectivos con diversidade funcional ou en risco de exclusión social; a creatividade; o coñecemento e o respecto do contorno natural, a intervención ambiental e o fomento dos bos hábitos neste eido; a rehabilitación e renovación de espazos degradados; e os relacionados coas novas tecnoloxías.

No total de Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar financia este ano con máis de 500.000 euros, a través do programa Iniciativa Xove, un total de 140 proxectos de educación non formal que desenvolven preto de 700 mozos e mozas pertencentes a grupos informais, así como asociacións e entidades xuvenís.

24 de setembro de 2014 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.