publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home resulta ferido tras quedar atrapado debaixo dun tractor en Moeche

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoechePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os Bombeiros de Ferrol excarceraron unha persoa, un varón duns 70 anos, que quedou atrapada debaixo do tractor que manexaba nun terreo do municipio coruñés de Moeche, tras o que foi trasladada a un centro hospitalario.

Segundo informou este martes o 112, os feitos tiveron lugar sobre as 20,21 horas do luns nun terreo propiedade da persoa ferida situada na estrada de Moeche a Ortigueira, sobre o punto quilométrico 23, no primeiro municipio coruñés.

O CAE 112 Galicia, tras recibir a alerta dos efectivos do parque comarcal e indicar que se desprazaban ao lugar -alertados por distintos particulares-, pasou aviso a Urxencias Médicas. Tamén pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos efectivos do GES de Ortigueira.

O 061 desprazou ao lugar un médico e unha ambulancia que trasladou ao Hospital Arquitecto Marcide ao ferido, o varón P.D.R., de 70 anos, que ía policontusionado, segundo sinalaron fontes sanitarias.

2 de setembro de 2014 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.