publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home falece tras saírse da vía e chocar contra un muro no Pereiro de Aguiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Pereiro de AguiarPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home duns 78 anos de idade faleceu este xoves nun accidente de tráfico rexistrado ao saírse da vía un vehículo e chocar contra un muro no municipio de Pereiro de Aguiar (Ourense).

O sinistro tivo lugar sobre as 11,44 horas na estrada OU-536, que une Ourense e Trives, á altura do cruzamento cara ao centro penal de Pereiro de Aguiar, segundo informou a Garda Civil de Tráfico.

Ao lugar, segundo sinalaron fontes sanitarias, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, cuxo persoal sanitario confirmou o falecemento dun home, M.C.L., de 78 anos de idade.

18 de setembro de 2014 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.