publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home de 95 anos falece nun atropelo no Pino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PinoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home de 95 anos cuxo nome responde as iniciais M.M.B. faleceu este venres nun atropelo no concello coruñés do Pino, segundo informa o servizo de emerxencias 061.

A central de coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu a alerta ás 18,11 horas, por atropelo dun peón. Ao lugar do incidente, segundo indica, enviouse unha ambulancia medicalizada.

Con todo, e tras ser atendido o paciente, o servizo de emerxencias indica na súa nota que o home, de 95 anos, resultou falecido no punto.

26 de setembro de 2014 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.