publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un exmilitante socialista recorre unha subvención do goberno de Vigo a unha subcontrata do Auditorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPortada dereitaVigo
A-
A+
Europa Press

Un exmilitante da agrupación viguesa do PSOE, Óscar Lomba (actualmente en Anova), presentou un recurso de reposición contra unha decisión da Xunta de Goberno Local de Vigo pola que se concedía unha subvención de 500.000 euros á empresa Organización de Ideas de Éxito, subcontrata que xestiona a programación de actividades no Auditorio Mar de Vigo.

O recurso formula, entre outras supostas irregularidades, que a empresa adxudicataria non cumpre os requisitos de solvencia financeira e técnica para asumir ese servizos, e pon de manifesto que Organización de Ideas de Éxito se creou cun capital social de solo 3.000 euros. Malia isto, subliña Óscar Lomba, recibe unha subvención de medio millón de euros.

Así mesmo, o recorrente destacou que a adxudicataria non presentou as súas contas e que, malia recibir unha “inxección” de 500.000 euros públicos, a súa previsión de gasto supera a de ingresos, cunha diferenza de máis de 400.000 euros.

Finalmente, Lomba subliña que “non está xustificada” a concesión desta subvención de forma directa e nominativa, e que se tería que convocar un proceso de concorrencia competitiva pública.

25 de setembro de 2014 | 10:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.