publicidade hoxe

Un centenar de persoas participaron nas VIII Xornadas de Motivación para Emprender en Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaVimianzo
A-
A+

As VIII xornadas de Motivación para Emprender que organiza a Deputación da Coruña foron un éxito. Preto dun centenar de persoas participaron nestas charlas desenvolvidas durante os días 23 e 24 de setembro e nas que colaboraron os concellos de Vimianzo, Zas e Camariñas.  

As xornadas foron impartidas polos técnicos da Deputación e contouse coa presenza do persoal do Igape, da Factoría de Innovación da Coruña e co subdirector xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta, Xoán Concheiro. Durante as conferencias explicáronse as distintas fases de creación dunha empresa e as motivacións para emprender e tocáronse temas coma a imaxe e a marca dun negocio.

No acto de clausura celebrado onte estiveron portavoces dos tres concellos participantes nesta ocasión, e o director da Área de Desenvolvemento Económico, Turismo e Medio Ambiente da Deputación, Javier Abad.

As próximas xornadas está previsto que se celebren en Cee os días 2 e 3 de outubro e chegarán a Carballo o 7 e 8.

25 de setembro de 2014 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.