publicidade hoxe

Turismo de Galicia promociona o golf no VII Circuíto Cenor-Camiño de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaMondariz-Balneario
A-
A+
Participantes no circuíto

Participantes no circuíto

O vindeiro sábado celebrarase en Mondariz Balneario a última proba clasificatoria do VII Circuíto Cenor-Camiño de Santiago, no que Turismo de Galicia figura como colaborador co obxecto de promocionar a práctica do golf senior na comunidade galega e difundir os valores de Galicia como destino de golf.

Deste xeito, a entidade de promoción turística da Xunta de Galicia, ofrece neste circuíto un premio á mellor parella senior de cada unha das probas celebradas fóra de Galicia consistente nun convite a participar na final que se celebrará no campo de golf de Mondariz Balneario o día 27 de setembro.

Turismo de Galicia colaborará tamén na final deste evento cun premio á mellor parella senior de fóra da comunidade galega, de xeito que poderán realizar unha ruta polos campos de golf de Galicia e gozar da oferta turística galega ao longo dunha semana.

Participación

O vindeiro sábado celebrarase no campo de golf de Mondariz Balneario a última proba clasificatoria deste torneo, que superou as previsións de participación.

Así, nas 11 probas anteriores que tiveron lugar en Galicia, Navarra, país Vasco, Cantabria e Asturias, participaron 1.192 afeccionados, dos que a metade foron golfistas senior.

A este número de participantes hai que engadirlle os máis de 120 xogadores que participarán o vindeiro sábado na proba de Mondariz Balneario.

IV Circuíto de golf senior Turismo de Galicia

Por outra parte, Turismo de Galicia organiza este ano o IV Circuíto de golf senior Turismo de Galicia, no que xa participaron máis de 400 xogadores de golf nas distintas probas clasificatorias, que xa se celebraron nas comunidades autónomas de Asturias, A Rioxa, Castela e León, País Vasco, Madrid e, hoxe en Navarra, e cuxa final se celebrará os días 7 e 8 de outubro no campo de Augas Santas, en Ferreira de Pantón.

Golf sénior e oferta complementaria

Outro dos obxectivos deste circuíto e a colaboración noutros torneos de golf é ofrecer un programa concreto e atractivo para o xogador e colectivo sénior que se está convertendo nun segmento de grande importancia no sector do golf en España.

Neste sentido, o Circuíto de golf sénior Turismo de Galicia constitúe unha ferramenta de promoción para Galicia como destino de turismo activo e deportivo no que ademais que se complementa con outras actividades paralelas coma o termalismo, a gastronomía ou a enoloxía.

Plan integral de Turismo de Galicia

Dento do Plan Integral de Turismo de Galicia reflíctese a necesidade de impulsar a promoción e o apoio á organización de iniciativas de turismo deportivo para a captación de novos fluxos turísticos en tempada baixa, así como a creación de campionatos de golf vinculados ao turismo termal.

Así, ata o ano 2016 estanse impulsando accións encamiñadas á promoción, á captación de máis turistas e ao establecemento de sinerxías con operadores nacionais e internacionais especializados no turismo de golf.

18 de setembro de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.