publicidade hoxe

TUREXPO celebrarase tamén en anos pares e con carácter itinerante por toda Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal PortadaSilleda
A-
A+

A Feira Internacional de Galicia organizará TUREXPO por primeira vez tamén en anos pares. Tratarase dunha edición que terá carácter itinerante por toda Galiciae que contará cunha bolsa de contratación turística que ofrecerá ao sector unha plataforma de promoción internacional, pero sen área expositiva.

Así, esta edición bienal sumarase á que xa se viña celebrando nos anos impares, a cal seguirá realizándose no recinto feiral de Silleda e mantendo a súa estrutura, que conxuga área expositiva e unha das bolsas de contratación máis importantes de Galicia e do noroeste de España, que na edición de 2013 contou con 70 touroperadores de 22 países.

Co obxectivo de que a entidade feiral poda completar a financiación do IGAPE para a súa organización, esta edición de anos pares levarase a cabo en distintas cidades co apoio económico das mesmas.

A primeira, en Ferrol

O concello de Ferrol acollerá do 4 ao 7 de outubro a primeira desta edicións de Turexpo Galicia, tras amosar o seu interese nesta alianza coa Feira Internacional de Galicia.

Esta cita será unha plataforma de promoción con gran importancia para o sector turístico galego, xa que permitirá aos maioristas da Comunidade dar a coñecer as súas propostas a preto dunha vintena de touroperadores de varios países con gran interese como emisores de turismo, a través de reunións de negocio axendadas en función dos intereses de ambas partes.

Estas reunións, que se celebrarán os días 6 e 7 de outubro no Parador de Turismo de Ferrol, completaranse cun pre-tour, unha viaxe de familiarización que estará conformada por dous itinerarios que amosarán aos operadores asistentes as cidades de Santiago de Compostela, o día 4, e de Ferrol, o día 5.

12 de setembro de 2014 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.