publicidade hoxe

Triangular femenino de fútbol sala en Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeDeportes
A-
A+

Este sábado 30 de agosto de 2014 tivo lugar no pavillón de Tenorio un triangular femenino de fútbol sala, donde participaron o equipo anfitrión o Tenorio FSF, O Barqueiro FSF e o Bembrive FSF. O triangular estaba organizado polo Concello de Cotobade e o Tenorio FS, continuando coa aposta firme do clube por potenciar e exaltar o fútbol femenino no Concello de Cotobade.

O triangular deu comezo ás 18:00h, as anfitrionas perderon os seus dous partidos ante O Barqueiro e Bembrive FSF feito que as deixou relegadas á terceira posición. Aínda así, mostraron unha boa imaxe contra dous equipos superiores nesta etapa de preparación. O partido que decidia o campión do Triangular Concello de Cotobade, foi entre O Barqueiro FSF e o Bembrive FSF, saindo vencedor este último por 1-3.

Cabe destacar que o Bembrive é un equipo recén ascendido á liga autonómica e era o invitado da categoría maís alta, tanto Tenorio FSF como Barqueiro FSF xogan na liga provincial. Outras actividades: Esta semana remata o XXII Torneo de Verán de Tenorio. O día 5 de setembro é a gran final do Torneo despois de maís de 60 partidos ao longo do mes de xullo, agosto e setembro.

1 de setembro de 2014 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.