publicidade hoxe

Touro organiza unha excursión ao Santuario das Ermidas en Viana do Bolo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro organiza unha excursión para os seus veciños e veciñas ao Santuario das Ermidas, en Viana do Bolo. Será o vindeiro sábado, día 20. Este templo é un dos conxuntos, sobre todo no seu interior,  máis maxestuosos do Barroco en Galicia. Os interesados nesta viaxe poderán visitar e coñecer a cidade de Ourense. O Concello de Touro tamén organiza un fin de semana nos Ancares. Será o 18 e 19 de outubro e os interesados nesta excursión poderán apuntarse até o día 10 de outubro.

15 de setembro de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.