publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

“Starfigther”, “Menudeta”, “Tirotea dous” e “Lagoa” gañadores do trofeo Acimut Norte de Cruceiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVilaboa
A-
A+

Tras unha acertada decisión do Comité de Regata ao aprazar unha hora a saída da segunda e definitiva etapa do Trofeo Acimut Norte, ata que coincidindo co cambio de marea o vento entrase cunha intensidade media de 10 nós e dirección Oeste que se mantivo xa toda a xornada, finalizou esta regata organizada polo Fondeadero de San Adrián de Cobres coa colaboración do Náutico de Cobres e na que tomaron parte 30 cruceiros das Portugal, Asturias e Galicia.

O percorrido, do mesmo xeito que na primeira xornada, foi de case 11 millas para os Cruceiros ORC que tiveron novamente unha cinguida contra corrente pasando por Domaio até a baliza de Rodeira en Cangas, para volver a continuación pasando outra vez por Domaio con vento portante de popa, mentres que os cruceiros da Clase Sub23 pés de eslora fixeron un percorrido un pouco máis curto, de 6,9 millas, chegando até a baliza da Guía e retornando tamén por Domaio.

O STARFIGTHER aprendeu a lección do día anterior e non fixo bordos extremos, o cal lle deu a vitoria final na súa clase a pesar de non saír moi ben. Nas demais clases non houbo maiores sorpresas, ratificando MENUDETA, BALEA DOUS e PUNTA LAGOA 2 as súas vitorias parciais iniciais.

Tras facer o cómputo das dúas etapas celebradas, a clasificación en tempo compensado dos primeiros de cada Clase foi a seguinte:

Clasificación ORC Clase 1

1º) STARFIGTHER (First 40.7 – Julio Rodríguez /RCN Vigo) 3 puntos

2º) CORMORÁN 05 (First 36.7 – José Luís Escudeiro/ MRCY Bayona, 4 puntos

3º) BOSCH SERVICE SOLUTIONS (Elan 37 – Rubén Santiago – CM Canido), 6 puntos

Clasificación ORC Clase 2

1º) MENUDETA (Sun Legende 41 – Victor Carrión / CN Punta Lagoa), 2 puntos

2º) UNUS ( X332 – Luís García – RCN Vigo), 5 puntos

3º) NÁUTICO CORVO MARIÑO ( J80 – Iván Pérez – CN Illa A Toja), 7 puntos

Clasificación ORC Clase 3

1º) BALEA DOUS (Sun Fast 32 / Luís Pérez – RCN Rodeira Cangas), 2 puntos

2º) BALBORDO (Yatlant 24 – José Vidal – CN Cobres), 4 puntos

3º) DIMARE ( Yatlant 28- José Luís Pando – MRCY Bayona), 8 puntos

Clasificación sub 23 piés (tempo real)

1º) PUNTA LAGOA 2 (Sun 2000 – Eduardo Igrexas   -   CN Punta Lagoa), 2 puntos

2º) PUNTA LAGOA 8 (Sun 2000 – Adrián Alonso – CN Punta Lagoa), 6 puntos

3º) MARIAVERA (Sun 2000 – Carlos Costas   – RCN Rodeira ), 6 puntos

A entrega de premios realizouse na propia tarde do domingo nas instalacións da Mariña de San Adrián, con asistencia do Alcalde de Vilaboa, xerentes de Azimut Norte, Torretas Guadiana e restaurante Laurel, así como directivos do Nautico de Cobres e Dylan mariñas de Brasil entre outros.

1 de setembro de 2014 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.