publicidade hoxe

Soutomaior entrega os diplomas dos cursos do CIM ás participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

O Concello de Soutomaior fixo entrega dos diplomas ás participantes dos cursos convocados polo Centro de Información a Muller. A concelleira de Igualdade, Cristina González, foi a encargada de entregar os títulos acreditativos ás asistentes duns cursos que serviron para mellorar as capacidades sanitarias das súas alumnas, a nivel xeral co Curso de Primeiros Auxilios, e dun modo máis específico co curso de Mobilización e cambios posturais en persoas dependentes.

Cando se está ao coidado de alguén aparecen dúbidas: como o traslado da cama a outro lugar da casa?, Que postura debe ter na cama?, Como facerlle camiñar ou que facer para atender correctamente unha emerxencia de primeiros auxilios? O obxectivo destes cursos era responder a estas e outras moitas cuestións prácticas que preocupan a quen teñen, ou van ter ao seu coidado, a persoas dependentes.

Durante varias semanas, as 20 veciñas que participaron no curso de iniciación aos Primeiros Auxilios, e as 17 do de Mobilización e cambios posturais en persoas dependentes, aprenderon de man do persoal docente de Cruz Vermella Española a mellor maneira de actuar ante diferentes situacións. No caso do curso de Primeiros Auxilios, as 10 horas totais do curso dedicáronse a dotar ás participantes dos coñecementos e ferramentas necesarias para realizar unha correcta intervención en caso dunha emerxencia médica, mentres que as asistentes ao curso de Mobilización, de 20 horas, centráronse en aspectos como as principais enfermidades físicas relacionadas coa inmovilización, as técnicas para trasladar e acomodar aos enfermos ademais dos riscos dunha manipulación inadecuada.

Durante o acto de entrega de diplomas, a edil de Igualdade e Servizos Sociais, Cristina González, expresou a súa satisfacción pola acollida destes cursos á vez que animou aos asistentes a realizar as súas propostas para próximos ciclos. “O importante é que aprenderon conceptos que poden resultar de gran utilidade en momentos delicados e mellorar substancialmente a calidade de vida das persoas ao seu cargo”, afirmou a edil.

8 de setembro de 2014 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.