publicidade hoxe

Sober colabora coas festas de Santa Cruz de Brosmos, Villaoscura e Cadeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober colabora coas festas que se van celebrar os primeiros días de setembro en Santa Cruz de Brosmos, Villaoscura e Cadeiras.

Cadeiras

A Romaría de Cadeiras comeza o domingo día 7 coa subida da Virxe a partir das 20:00 horas. Coa súa chegada empezará a verbena coa Orquestra Bohemia.

O luns día 8, festa local en Sober, a partir das 11:00 horas comezarán as misas rezadas ata as 13:30 horas, que será a misa solemne acompañada pola Banda de Música de Sober. A continuación será a sesión vermú coa Orquestra Madeira e un grupo de gaitas. Pola noite gran verbena coas Orquestras Los Trovadores e Madeira.

O martes día 9 haberá misas rezadas a partir das 11:00 horas. A misa solemne celebrarase ás 13:30 horas. A sesión vermú correrá a cargo da orquestra Compostela e dun grupo de gaitas. Pola noite, gran verbena coa Orquestra Compostela.

Santa Cruz de Brosmos

En Santa Cruz de Brosmos a celebración na honra á Virxe do Carme comeza o día 5 cunha pancetada e queimada para os veciños e veciñas no campo da festa a partir das 21:30 horas. Esa noite vaise levar a cabo o III concurso de postres. Tamén haberá un concerto dos Parentes e festa verbena co Grupo Camelia.

O sábado 6 de setembro farase unha ofrenda floral na honra dos músicos de Santa Cruz. A continuación Alfonso Campos será o encargado de pronunciar o pregón. Ás 13:30 haberá unha procesión e misa solemne cantada pola coral polifónica de Quiroga e de seguido concerto da Banda de Música de Sober.

Pola tarde será a quenda dos xogos populares e dun partido de fútbol internacional. Pola noite haberá festa verbena e entrega de premios.

O domingo, alborada ás 10:00 horas co grupo de gaitas Érbedo e ás 13:30 horas procesión e misa solemne co Grupo Trícole.

Villaoscura

O día 6 de setembro haberá misa solemne ás 13:30 horas e sesión vermú a cargo da Orquestra Colores, quen se encargará tamén de amenizar a verbena da noite.

O día 7 de setembro haberá misa solemne ás 13:30 horas e sesión vermú a cargo da Orquestra D’Noche. Tamén será esta orquestra a que protagonice o baile da noite.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima aos veciños e veciñas a participar destas celebracións, así como a todos os visitantes que se atopen pola zona.

4 de setembro de 2014 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.