publicidade hoxe

Sober colabora coas festas de Rosende na honra a San Miguel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora coas Festas na honra a San Miguel que se celebran os días 26, 27 e 28 en Rosende. A celebración comeza o día 26 ás 21:00 horas cunha gran pancetada e baile no Fogar de Rosende.

O sábado 27 haberá un pasarrúas cun grupo rexional, misa solemne e sesión vermú. A festa de tarde noite estará amenizada pola Charanga Madialeva e a Orquestra Versalles. Á unha da madrugada levarase a cabe a sesión de fogos artificiais a cargo de Pirotecnia Rodríguez (Mourentan). Ao remate o baile seguirá con Dismomóvil no Fogar de Rosende.

O domingo día 28 haberá misa solemne, sesión vermú e festa de tarde noite co Grupo América SL.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas a acudir á festa e participar dos actos programados.

25 de setembro de 2014 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.