publicidade hoxe

Sober celebra do 19 ao 22 de setembro as Festas do Carme

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober colabora coas Festas do Carme que se desenvolverán na localidade do 19 ao 22 de setembro.

Os festexos darán comezo o venres día 19 á tardiña coa inauguración do alumado artístico. A partir das 22:30 horas haberá baile coa Orquestra Los Players.

O sábado día 20 a festa segue cun pasarrúas a cargo do Grupo de Música Tradicional Brabán. Ás 13:00 horas haberá misa solemne na Igrexa Nova e sesión vermú co Grupo Brabán. Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas xogarase un trofeo de fútbol no Campo de Centeas, co partido Sober-San Lázaro.

De seguido, ás 19:00 horas espectáculo de Novo Circo Peter Punk representando Peor imposible na Praza do Toural. Ás 20:30 horas desenvolverase un recital de poesía a cargo do Grupo de poetas da Ribeira Sacra no Centro Sociocultural. Ao remate, inaugurarase a exposición de pintura e fotografía de Cristina Mejías. A partir das 21:00 horas volve o baile coas Orquestras Bohemia e Hiroshima.

Domingo

O domingo día 12 iníciase cun pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober. Ás 13:00 horas será a quenda da procesión acompañada da banda e seguida de misa solemne na Igrexa Nova. Ás 14:00 horas de novo a protagonista será a Banda de Música de Sober que dará o concerto vermú.

Ás 21:00 horas actuará a Orquestra Poceiro e ás 24:00 horas haberá verbena coa Orquestra Olympus.

Luns

O luns día 12 haberá misa solemne ás 12:30 horas na Igrexa Nova. Ás 20:00 horas baile co Grupo D’Momento e media hora despois gran paellada xigante a cargo do mestre cociñeiro José Arias. Seguidamente, remate da festa co Grupo D’Momento.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradece a colaboración dos veciños e veciñas e da comisión que cada ano traballa e se esforza para elaborar “as mellores festas e o mellor cartel”.

13 de setembro de 2014 | 11:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.