publicidade hoxe

Sober acomete obras de renovación integral de alumeado en cinco parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober ultima as obras de renovación integral dos alumados públicos de A Venta, Os Guntís, O Ventorrillo e Suirexa (Neiras), Telleiros (Refoxo), Vilela (Arroxo), Arxemil, O Couto, Vixilde, A Barreira, Os Navás e O Toxedo (Anllo-San Martiño) e Outeiro, Lama de Outeiro, Rivas, O Viñal, A Igrexa e Lama de Sobrado (Rosende).

A actuación consistiu no cambio de 195 equipos. Cambiáronse os equipos e bombillas por novas lámpadas de aloxenuro que teñen máis luminosidade, menos consumo e menor contaminación. O Concello de Sober cambiou as luminarias sen equipamento e as instalacións que o necesitaron, mentres que a Deputación achegou equipos e lámpadas.

Unha redución da factura do 50%

O Concello de Sober foi beneficiado por esta axuda por formar parte do grupo de Concellos adheridos programa Innovate. Anteriormente, o Goberno local xa cambiara máis de 1.000 luminarias con axudas da Consellería de Industria e con fondos propios. A partir de agora, van continuar renovándose e mellorando todos os alumados do Concello que o necesiten. A factura eléctrica do Concello de Sober reduciuse nun 50 por cento dende o 2011 debido ás unificacións e melloras realizadas.

Ata o de agora fixéronse melloras importantes entre outros lugares en Francos, Vilachá e O Bidual (Doade), Igrexa (Amandi), Lamas de Brosmos (Lobios), A Igrexa (Gundivós), As Gándaras (Pinol), A Riba e Igrexa (Barantes), Vilavalde (Figueiroá), Viloriz (Bolmente), Froxán, A Pena, Sober O Vello, Os Pacios, As Laxes, A Senra, Vilastrille, O Barrio, Proendos e Francos (na parroquia de Proendos), Nogueira, A Burdalla, O Campo, A Cigueñeira, O Xuncal, Pacios, O Cabarco, Hortás, Castinandi, A Mogueira, Soutonovo e Portizó (Anllo Santo Estevo), A Vacariza e O Roxo (Neiras), ademais de acometer a renovación integral das vilas de Canabal e Sober.

25 de setembro de 2014 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.