publicidade hoxe

Rouban o material eléctrico que controla as bombas da rede de sumidoiros en Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSoutomaiorSucesos
A-
A+

O Concello de Soutomaior denunciou onte ante a Garda Civil a inutilización e roubo de parte do cadro eléctrico que controla as bombas de rede de sumidoiros na zona coñecida como Cagazó.Un acto vandálico que custará ao redor de 1.500 euros ás arcas municipais. O concello encargou xa o material necesario para a súa reposición co fin de restablecer a normalidade do servizo coa maior urxencia posible.

O roubo do material eléctrico produciuse entre a madrugada do domingo 7 de setembro e as 10:00 horas do martes 9 nas inmediacións da Rúa Fonte do Conde de Arcade. Os autores do roubo inutilizaron a totalidade do cadro eléctrico e subtraeron gran parte dos mecanismos que controlan as bombas de rede de sumidoiros que dan servizo ás rúas de Roxelio Landeiro, Fonte do Conde, Cuncheiro, Coutada e Cabadiña.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que “tras detectar a subtracción dos mecanismos, os servizos municipais de mantemento solicitaron de inmediato o material necesario para a súa reposición a fin de poder restablecer o servizo nas zonas afectadas no menor tempo posible”. Á súa vez solicitou a colaboración cidadá para localizar aos autores dos feitos e evitar, na medida do posible,que se volvan a repetir estes “roubos e actos vandálicos na vía pública que supoñen un gasto importante para as arcas municipais e afectan ao bo funcionamento da rede de rede de sumidoiros e recollida de pluviais”.

10 de setembro de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.