publicidade hoxe

Profesores de hostalaría e sumillería de Suíza visitan a D.O. Ribeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaOurenseRibadavia
A-
A+

O C.R.D.O. Ribeiro continúa a súa tarefa de promoción no mercado suízo, fixado como un dos destinos obxectivo no comercio exterior. Esta vez faino a través da visita á nosa Denominación de Orixe dun grupo de prescriptores das escolas de hostalería e sumillería de maior importancia en Suíza que nestes días coñeceron as adegas e viños da D.O. Ribeiro.

O programa daba comezo o domingo coa chegada de tódolos participantes e a celebración dun seminario-cata da Denominación de Orixe Ribeiro a cargo do director técnico do Consello Regulador, Pablo Vidal. O luns iniciábase o percorrido polas adegas e colleiteiros do Ribeiro, nun programa que incluíu a visita a 9 adegas: Viña Costeira, Terra do Castelo, Coto de Gomariz, Casal de Armán, Bodegas Docampo, Eduardo Peña, Viña Reboreda, Bodega Alanís e Pazo de Vieite. Durante estes días o grupo de expertos tivo a posibilidade de catar preto de 50 referencias do Ribeiro, favorecer o contacto directo cos produtores e coñecer as peculiaridades e principais características da nosa rexión vitivinícola.

O grupo, composto por cinco membros, integrou a personaxes relevantes da ensinanza do mundo do viño en Suíza, Christian Baur da Schweizer Hotelfachschule Luzern, Antonio Ruotolo e Ruth Knöpfel do César Ritz Colleges Switzerland, Manfred Wagner do Schulhotel der Hotel und Touristikfachschule Chur e Marc Herbin do Glion Institut de Hautes Etudes.

Esta aproximación aos líderes de opinión no mercado suízo está a acadar bos resultados, xa que neste novo achegamento os viños do Ribeiro están a ser percibidos como elaboracións de alta calidade e personalidade, coa autenticidade propia dunha rexión vitivinícola que posúe unha das maiores riquezas varietais no mundo do viño, así como unha das máis dilatadas traxectorias históricas na súa elaboración.

11 de setembro de 2014 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.