publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Piñor e Maside copan os premios do LXX concurso de gando comarcal do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMasideO CarballiñoPiñor
A-
A+

Un ano máis os gandeiros de Piñor e Maside coparon os principais premios do concurso comarcal de gando do Carballiño, en concreto María Teresa Calviño, de Piñor e Manuel González de Maside, obtiveron os primeiros premios das seccións Vacas Reprodutoras, Xuvencas, Becerras e Vacas con Cría. En total foron 64 as reses presentadas nesta LXX edición.

O cambio de localización desta feira de gando, que este ano por primeira vez se celebrou no Parque Municipal, foi do agrado de todos, tanto dos participantes como do público, que en maior número, deuse cita para contemplar estes exemplares, dos cales espertaron un gran interese os dous bois da CRUGA.

Un ano máis as autoridades asistiron a este evento, desde o alcalde do Carballiño e os edís da corporación, así como os alcaldes de Piñor e Maside, e o subdelegado do goberno en Ourense. Pero a nova localización tamén animou a algúns colexios a levar aos alumnos, en concreto aos máis pequenos, para que gozasen destas reses.

15 de setembro de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.