publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os catro senderistas que se perderan en Pena Trevinca son atopados en perfecto estado

Europa Press

O grupo de senderistas, tres adultos e un menor, que se perderan na tarde do luns en Pena Trevinca, no municipio de Carballeda de Valdeorras (Ourense), foron atopados na madrugada deste martes en perfecto estado de saúde.

Foron os propios senderistas os que chamaron ao CAE 112 Galicia para pedir axuda. Segundo informa o servizo de emerxencias, indicaron que facían a ruta circular Pena Trevinca-Ponte, pero que se desviaron e chegaron ao río ata que non puideron continuar.

Tras o aviso, o 112 Galicia puxo en marcha un dispositivo de busca, no que participaron axentes da Guardia Civil, efectivos do GES de Valdeorras, Protección Civil da Veiga e Viana do Bolo, a Unidade de Montaña de Trives e prealertouse á Unidade de Cans de rescate da Estrada.

As mesmas fontes sinalaron que, despois dunha “intensa busca” dos efectivos mobilizados tras a perda de cobertura dos teléfonos dos implicados que dificultaba a súa localización unha vez recibida ás 18,59 horas do luns a alerta, foron localizados polos efectivos da Guardia Civil e do GES de Valdeorras ás 4,30 horas en perfecto estado de saúde.

30 de setembro de 2014 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.