publicidade hoxe

Os alumnos do obradoiro de emprego “San Rosendo…segue o camiño” vivirán unha xornada formativa en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

O Obradoiro de Emprego “San Rosendo…segue o camino” é una iniciativa levada a cabo polos concellos de Celanova, Bande e Verea para a potenciación do turismo como motor de desenvolvemento económico das comarcas de Terra de Celanova e BaixaLimia.

Este taller de emprego, que ven darlle continuidade ao pioneiro Obradoiro de Emprego “Camiño de San Rosendo”, está máis centrado na empresa e ámbito económico para xestionar a iniciativa privada desde unha perspectiva turística.

O proceso formativo estructúrase en catro módulos: Creación e Xestión de Viaxes Combinados e Eventos, Implantación e Animación de Espazos Comerciais, Creación e Xestión de Microempresas e Xestión de Marketing e Comunicación. Comenzou o 18 de agosto, terá unha duración de 6 meses e confórmano 20 persoas desempregadas que recibirán formación en temas relacionados coa dinamización turística.

Como parte práctica o alumnado deste Obradoiro de Emprego, participará o vindeiro mércores 1 de Outubro, nunha xornada didáctica no concello de Bande.

Esta xornada desenvolverase ao longo da mañá e inclúe visitas ó Campamento Romano de Aquis Querquennis, a igrexa visigótica de Santa Comba, visita aoalbergue e aos distintos establecementoscomerciais da localidadebanduense.

A saída formativa ven a complementar ás tres realizadas anteriormentenas que os alumnos visitaron os principias recursos turíticos de Celanova: o xacemento arqueolóxico de Castromao, o burgo medieval de Vilanova dos Infantes, albergue municipal, mosteiro de San Salvador, capela de San Miguel e Casa Museo “Curros Enríquez”.

As visitas teñen como obxectivo coñecer en prondudidadeos recursos turísticos das comarcas de Terra de Celanova e Baixa Limia poñendo en práctica os coñecementos técnicos e teóricos adquiridos nos distintos módulos do obradoiro.

30 de setembro de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.