publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O PSdeG pide a Feijóo que sexa coherente e aplique o código ético do que presume ao alcalde de Trazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPortada esquerdaTrazo
A-
A+
Europa Press

O Partido Socialista de Galicia pediu ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que “sexa coherente” e que “aplique” o código ético “do que presume” ao alcalde de Trazo, o popular José Dafonte Varela, que será xulgado este martes, día 30 de setembro, por un suposto delito de falsidade documental.

   “É unha boa ocasión para que demostre se realmente ten un criterio firme nas cuestións xudiciais ou de novo actuará segundo os seus intereses en cada caso”, consideraron os socialistas galegos nun comunicado.

   Así mesmo, o PSdeG explicou que esta petición chega despois de que, nos últimos días, “con ocasión da investigación aberta á deputada Paula Prado”, “varios dirixentes do PP negasen en diferentes medios de comunicación carecer dun criterio firme para esixir dimisións”.

   “O novo portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, explicou que hai un código ético que obriga a dimitir en caso de estar acusado con cargos ou coa apertura de xuízo oral, por iso animamos ao señor Feijóo a ser coherente a partir de agora e aplicar o código ético do que presume”, argumentaron os socialistas.

   Por iso, pediron que se esixa a dimisión de Dafonte, para o que a Fiscalía pide tres anos de prisión, multa de doce euros diarios durante doce meses e catro anos de inhabilitación.

   “Ata agora Feijóo carece e criterio e conta con varios cargos no seu partido xa procesados e mesmo condenados, como é o caso do superdelegado de Ourense Rogelio Martínez”, apuntou.

27 de setembro de 2014 | 09:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.