publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Pleno da Deputación de Pontevedra acorda a constitución dun dereito de superficie en 66 parcelas de Barro-Meis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroLocal PortadaMeisPontevedra
A-
A+

O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, cos votos a favor do PP e BNG e a abstención do PSOE, o novo prego de cláusulas económico-administrativas que rexerán o alleamento ou a constitución do dereito de superficie, mediante concurso público, de 66 parcelas resultantes do proxecto de parcelamento do Plan de sectorización do solo urbanizable industrial Outeda-Curro, no polígono de Barro-Meis.

As 66 parcelas ocupan un total de 237.354 m2 e o seu prezo será de 105 euros o m2, IVE excluído.

Estas parcelas poderán ser obxecto (a opción e proposta dos licitadores interesados) de transmisión ou adquisición do dereito de propiedade, ou ben de constitución dun dereito de superficie por un prazo mínimo de 5 anos e un máximo de 25.

As variacións deste novo prego, hoxe aprobado, con respecto ós que rexeron en anteriores licitacións son as seguintes:

- Será posible introducir a opción de constituír un dereito de superficie con opción a compra das parcelas
- Modificarase o IVE do 16% e do 18% polo 21% de imperativo legal
- O prezo do m2 queda establecido en 105 euros
- Amplíanse os prazos de pagamento nos casos de cantidades aprazadas ata un máximo de 10 anos
- Os actuais propietarios de parcelas resultantes de anteriores concursos públicos poderán acollerse ás mesmas condicións que establece o prego hoxe aprobado para o aprazamento do prezo de compra-venda pendente de pagamento na actualidade

Coa aprobación das novas condicións sobre as mencionadas 66 parcelas a Deputación de Pontevedra busca fomentar o desenvolvemento económico e social da provincia ó destinar estes terreos á implantación de iniciativas empresariais que favorezan a creación de emprego e a realización de investimentos.

26 de setembro de 2014 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.