publicidade hoxe

Natalia Sánchez e Marc Clotet interpretan “Amantes” no Teatro Jofre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

Os actores Natalia Sánchez e Marc Clotet subiranse este sábado, día 20, ao escenario do Teatro Jofre para presentar la obra “Amantes”, adaptación teatral dirixida por Álvaro del Amo da película homónima de Vicente Aranda. A función dará comezo ás 20:30 horas e está enmarcada dentro da programación escénica da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.

“Amantes”, obra teatral de Vicente Aranda e Álvaro del Amo, concentra nos tres protagonistas o relato dunha historia que comeza como unha comedia de enredo, para mergullarse no melodrama e culminar na catarse liberadora propia da traxedia. Arredor de Trini, Luisa e Paco, o espectador adiviñará o peso dunha sociedade, que afogaba a metade do pasado século; a atmosfera dun contorno que cambia de aspecto e de mobiliario, pero procura o mesmo aire enrarecido para que o xénero humano continúe o seu tránsito, ilusionado e desesperado cara a redención.

Venta de entradas

Os interesados poden adquirir as súas entradas a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal.

17 de setembro de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.