publicidade hoxe

Muxía inicia Hola Fabiola, o itinerario formativo on-line de alfabetización dixital para mulleres estranxeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

O venres, 26 de setembro de 2014, ás 10.00 horas iniciarase o curso de alfabetización dixital para mulleres extranxeiras que nace do convenio de colaboración entre a Fundación Orange, Fundación directa e o Concello de Muxía, co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos sociais e Igualdade.

O itinerario non só pretende transmitir coñecementos “informáticos”, senon que o manexo das ferramentas sirva indirectamente para que as mulleres:

– coñezan novas canles para a comunicación co seu contorno próximo e comunidades de orixe,

-descubrir vías inéditas de integración,

-tomar conciencia sobre os seus dereitos en materia de igualdade,

-aprender un pouco máis acerca da cultura española e

-adquirir capacidades que contribúan ao seu empoderamento individual e colectivo.

“Hola Fabiola” desenvolverase do 26 de setembro ao 12 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples.

25 de setembro de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.