publicidade hoxe

Monforte organiza unha proxección audiovisual sobre o románico en Pantón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de LemosPantón
A-
A+

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acollerá este xoves día 11 unha proxección sobre o románico no veciño concello de Pantón.

Trátase dun traballo do saviñádigo José Losada, máis coñecido como Pepe Carriola, no que se recollen as excelencias das igrexas románicas de Eiré, Atán, Cangas, Pombeiro, convento das Bernardas e capela de Augas Santas.

O audiovisual será presentado polo propio autor e a proxección levarase a cabo ás 20:00 horas. A entrada será libre e gratuíta e o acto prolongarase durante un pouco máis dunha hora..

Esta actividade está organizada pola concellería de Cultura do concello de Monforte.

10 de setembro de 2014 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.