publicidade hoxe

Medio Ambiente finaliza as obras de urxencia de abastecemento en Crecente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecenteLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de rematar as obras de abastecemento na parroquia de Vilar, no Concello de Crecente. Augas de Galicia levou a cabo estas obras de urxencia para garantir o abastecemento a esta parroquia deste concello pontevedrés. Neste día, os técnicos están a verificar que a instalación funciona con corrección e normalidade, antes de entregala á Administración local.As obras levadas a cabo consistiron na execución dun pozo de auga cun bombeo a un depósito intermedio, ao tempo que se mellorou o bombeo existente e que impulsa a auga ata o principal. Con esta actuación, que implicou un investimento de case 60.000 euros aportados ao 100% por Augas de Galicia, solventouse un problema de falta de subministro de auga que afectaba aos habitantes da parroquia deste concello.

15 de setembro de 2014 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.