publicidade hoxe

Máis de 2.500 persoas participaron na Romaxe de Crentes Galegos en Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Romaxe de Crentes Galegos

Romaxe de Crentes Galegos

Unhas 2.500 persoas chegadas de toda Galicia en máis de 30 autobuses reuníronse este sábado na Carballeira das Virtudes, na parroquia de Vitre (Frades), para participaren na XXXVII Romaxe de Crentes Galegos, organizada pola asociación Irimia. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, exerceu coma anfitrión e deu a benvida a todos os romeiros, que comezaron a concentrarse en Vitre a iso das 11 da mañá.

O tempo acompañou, polo que todos os actos previstos puideron celebrarse tal e como estaba previsto. Así, tras unha misa a medio día , tivo lugar o tradicional xantar de confraternidade, con polbeira do Carballiño e servizo de bar, con venda de pan, empanadas e queixo da contorna. Tras o xantar, a música correu a cargo do grupo “A Quenlla”, que leva dende a primeira edición actuando nesta romaxe, e que este ano estivo moi ben acompañado polo grupo de música tradicional “Sarillo” de Aiazo (Frades) e o grupo de gaitas e baile tradicional de Mesía.

A próxima edición da Romaxe de Crentes Galegos terá lugar en setembro de 2015 en Penas de Rodas, no municipio lucense de Guitiriz.

16 de setembro de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.