publicidade hoxe

López Abella entrega os diplomas do Programa Aurora en Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCurtis
A-
A+
López Abella na entrega dos diplomas

López Abella na entrega dos diplomas

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella entregou hoxe os diplomas dos cursos realizados dentro do “Programa Aurora” e felicitou ao concello de Curtis polo seu compromiso por acadar a Igualdade real e efectiva entre homes e mulleres xa que recentemente presentou o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes 2013-2015 do concello de Curtis. Tamén asistiu a delegada da Xunta na Coruña, Belén Do Campo.

A titular de Igualdade destacou que o Programa Aurora ten como obxectivo mellorar a inserción socio-laboral das mulleres no medio rural e nace gracias a convenios de colaboración entre o Instituto da Muller e as administración locais. O programa desenvólvese a través dun itinerario secuenciado en dúas fases que teñen en conta, tanto os aspectos persoais como profesionais das mulleres, co fin último de mellorar a súa empregabilidade, eixe central deste programa, xa que un traballo remunerado proporciona, ademais da autonomía económica, un maior recoñecemento social.

O programa está deseñado de maneira que poida adaptarse ás características propias de cada concello e a partir do diagnóstico dos déficits existentes, encontrar os ámbitos de actividade laboral non cubertos, traballar co grupo de mulleres, e encaixar, en a medida do posible, as súas capacidades e potencialidades cos escenarios laboráis locais. En esencia, trátase de promover a consolidación do tecido territorial mediante unha mellor e maior empleabilidad e proxección social das mulleres.

O programa iniciouse en 2011, a través de convenios con entidades locais de menos de 5.000 habitantes, e cada ano aumenta a súa progresión en canto á demanda. Son xa 34 os concellos que en España desenvolveron este programa.

30 de setembro de 2014 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.