publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Localizan en Pontecesures o vehículo do cura de Padrón no que fuxiron os asaltantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPadrónPontecesuresPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O vehículo do cura da parroquia de Cruces, no municipio coruñés de Padrón, no que fuxiron os asaltantes da casa rectoral na noite do domingo, foi localizado no municipio limítrofe de Pontecesures (Pontevedra).

Así o indicaron fontes da investigación, que indicaron que o turismo, un Peugeot de cor branca, se atopa en dependencias policiais.  Mentres, a Garda Civil prosegue coa investigación para localizar os autores do asalto á casa rectoral de Padrón acontecido na noite do domingo, que se saldou co cura ferido e a súa asistenta falecida.

Os feitos sucederon sobre as 21,00 horas do domingo na casa rectoral situada na parroquia de Cruces, en Padrón. Foi o propio párroco o que chamou ás emerxencias tras ser amordazados a súa asistenta e el por varias persoas, tres, segundo as manifestacións do cura.

A casa rectoral estaba toda “revolta” cando chegaron as forzas de seguridade, segundo apuntaron fontes da investigación, que indicaron o roubo como móbil do suceso.

18 de setembro de 2014 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.