publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Leiro rexistra a temperatura máxima acadando os 40,2 graos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLeiroPortada dereita
A-
A+
Europa Press

Este martes Galicia rexistrou as temperaturas máximas no que vai de ano, xornada na que os termómetros chegaron até os 40,2 graos na localidade ourensá de Leiro.

Segundo os datos facilitados por Meteogalicia, tamén outras zonas de Ourense rozaron os 40ºC con 39,9ºC de máxima este martes e en Ferreira de Pantón alcanzáronse os 39,8.

Outras localidades da provincia de Ourense, a que rexistrou os valores máximos da xornada, superaron os 39º -alerta laranxa por altas temperaturas-, como Arnoia (39,3) e Vilamartín de Valdeorras (39,2).

Mentres, noutros puntos da provincia de Lugo, como Bóveda e Sarria, os termómetros alcanzaron os 38,5 e 37,4 graos respectivamente.

Pola súa banda, na provincia coruñesa rexistráronse valores de 37,8 en Abegondo, 35 graos en Carballo, 34,7 en Ordes, 34,4 en Mesía e 34,2 en Bergondo.

Localidades da provincia de Pontevedra do interior máis próximas a Ourense foron as que tiveron os valores máis elevados este martes, con 36,6º en Arbo e 34,2 en Salvaterra de Miño, mentres que en zonas como O Salnés quedaron nos 30 graos.

CAÍDA DOS VALORES

As mesmas fontes de Meteogalicia consultadas precisaron que, a partir das 12,00 horas coa entrada de néboas na zona litoral, os valores experimentaron un descenso, como o caso de Vigo, que dos 30 graos ao mediodía pasou pola tarde aos 19.

Para a xornada do mércores as temperaturas descenderán entre moderada e notablemente pola entrada de aire marítimo cargado de humidade, que ocasionará a presenza de nubes baixas e néboas. Así, os valores serán máis propios desta época do ano. En puntos como Santiago de Compostela, a caída dos termómetros pode chegar aos dez graos.

2 de setembro de 2014 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.